Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
Benvidos ó San Blas 2017! Bembrive retumba
  • Administrador
  • 19·01·2017
Benvidos ó San Blas 2017! Bembrive retumba

Bembrive é unha parroquia con gran tradición cultural e musical na que sería interminable a lista de festas e romerías que se celebran nela, pero sen dúbida, a romería por excelencia é a de San Brais, que aínda sen ser patrono de Bembrive, achega a esta parroquia cada 3 de febreiro entre 15.000 e 20.000 persoas, atraídos especialmente pola explosión musical de cada recuncho do barrio Mosteiro así como polo ambiente xerado neste lugar ou en calqueira dos preto de 30 furanchos abertos para a ocasión, onde se rende preitesía á maxia do viño da zona e da cachucha do porco, ingredientes únicos que serven para que os romeiros se manteñan ata ben entrada a tarde nun ambiente festivo que xira entorno á música e os cánticos espontáneos.

A orixe da celebración do San Brais remóntase ao século XVII, donde as diferentes cofradías existentes en Bembrive asistían a esta romería acompañados de gaiteiros; non podendo precisar en qué anos esta romería traspasou os límites parroquiais xa que agora é unha celebración á que se achegan persoas tanto de Vigo como dos seus arredores. É interesante citar tamén que ata mediados dos anos 1990 os asistentes eran na súa gran maioría homes, notándose nestes últimos anos a incorporación das mulleres a esta celebración en grupos ou pandillas. 

Vos deixamos aquí o enlace ó triptico dos furanchos San Blas 2017

http://bembrive.org/uploads/triptico-furanchos-san-blas-2017.pdf

Comentarios (0)

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close