Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
Bembrive acollerá o 17 de febreiro o tradicional concurso do Entroido
  • Administrador
  • 19·01·2024
Bembrive acollerá o 17 de febreiro o tradicional concurso do Entroido

Como xa é tradicional, o vindeiro sábado 17 de febreiro ás 17:00 horas, e dentro das actividades do tan esperado Entroido de Bembrive, organizado por esta Entidade Local en colaboración con varias Asociacións da parroquia, realizarase o Desfile de Comparsas pola Estrada de Bembrive, concretamente no tramo comprendido entre a confluencia da Rúa dos Troncais coa Rúa Eifonso e o Centro Cultural do Torreiro da Ponte.

Ás 22:30 horas realizarase a verbena-baile de disfraces e o Concurso de disfraces individuais de adultos no citado local, que contará coa animación do grupo musical X-Tra, en directo.

O concurso de disfraces individuais infantís celebrarase o domingo dia 18 de febreiro ás 17:00 h. no auditorio da casa cultural, co espectáculo de teatro musical infantil "A historia de Martín".

As persoas interesadas poden consultar as bases dos concursos de comparsas e disfraces de adultos e de individuais infantís no seguinte enlace: http://bembrive.org/uploads/bases concurso entroido 2024.pdf . (Tamén se reproducen ao remate deste anuncio).

O formulario de solicitude de inscrición pódese descargar no seguinte enlace: http://bembrive.org/uploads/impreso solic. inscrición comparsas entroido 2024(impreso solic. inscrición comparsas entroido 2022.dod).doc 

O cartaz do evento pódese descargar aquí: http://bembrive.org/uploads/cartel entroido 2024.pdf 

BASES DO CONCURSO DE COMPARSAS E DISFRACES DE ADULTOS - ENTROIDO 2023 :


            1.- O obxecto deste concurso é o de seleccionar as mellores comparsas e disfraces individuais de adultos, con motivo da celebración do Entroido en Bembrive, organizado pola Entidade Local Menor de Bembrive en colaboración coas Agrupacións da parroquia, terá lugar o sábado día 17 de febreiro.                                                                                         

2.- As comparsas participantes comporanse dun mínimo de 20 persoas. Estas deberan concentrarse na Estrada de Bembrive (Camiño dos Troncais) ás 16:00 horas, colocándose no seu lugar que se lle adxudique para o desfile, e identificándose cada unha co número que lle corresponda en función da inscrición e das características da mesma. O desfile comezará as 17:00 horas, quedando excluída do concurso toda aquela comparsa que non poida comezar o percorrido a esta hora.

3.-As comparsas deberán inscribirse previamente entre o días 5 e 9 de febreiro (ambos incluidos), presentado as follas de solicitude de inscrición debidamente cumprimentadas, no rexistro desta Entidade Local Menor, en horario de 9.30 a 14 h, ou ben mediante calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de Procedemento Admvo. Común das AA.PP. O prazo de inscrición finalizará o día 9 de febreiro.

Non serán admitidas inscricións con posterioridade á data e hora indicadas, calquera que sexa a causa do atraso. As follas de solicitude de inscrición están a disposición das persoas interesadas nas oficinas da Entidade Local Menor e na páxina web da Entidade, www.bembrive.org .

4.- O número de comparsas participantes será dun máximo de 20, incluindo categoría de infantís e adultos. Queda excluida a participación das comparsas que acheguen a inscrición unha vez cuberto o número de participantes ou con posterioridade a data e hora indicadas.

Os participantes seleccionaranse por riguroso orde de entrada no rexistro da Entidade.

A orde das comparsas no desfile realizarase en función das medidas das carrozas, de menor a maior dimensións.

            5.- Cada comparsa deberá levar unha persoa para levar o número de orde, que deberá colocarse ao inicio da comparsa que representa.

            6.- As persoas que desexen participar no concurso de disfraces individuais adultos teñen que recoller o número de inscrición no Centro Cultural de Bembrive (Torreiro da Ponte s/núm.), na noite do 17 ao 18 de febreiro, entre as 00.00 e a 01.00 horas.

7.- Establécense para este concurso os seguintes premios e accésit:

a)      Premios para comparsas:

Categoría adultos:

·        Primeiro premio                                                     500,00 €

·        Segundo premio                                                     450,00 €

·        Terceiro premio                                                      400,00 €

·        Resto de participantes                                            200,00 €

Categoría infantil:

·        Primeiro premio                                                     275,00 €

·        Segundo premio                                                     250,00 €

·        Terceiro premio                                                      225,00 €

·        Resto de participantes                                            200,00 €

            b) Premios individuais adultos:

·        Primeiro premio                                                           100,00 €

·        Segundo premio                                                          80,00 €

·        Terceiro premio                                                           60,00 €

Os premios poden ser declarados desertos polo xurado do concurso.

8.- A valoración do concurso estará determinada polo criterio do Xurado, que estará composto por:

·        Presidencia: A Alcaldesa Pedánea da Entidade Local Menor de Bembrive.

·        Vocais: Cinco persoas que designará a Alcaldía da Entidade Local de Bembrive.

·        Secretario: O administrativo da ELM de Bembrive.

9.- O Xurado terá liberdade de criterio para establecer as súas calificacións pero deberá prestar atención a cuestións como:

-        Número de membros

-        Vestiario

-        Orixinalidade

-        Coreografías

-        Presencia de elementos complementarios como carrozas, armonía, simpatía, etc.

            10.- O xurado avaliará as comparsas participantes no desfile dende algún punto do percorrido. A Alcaldesa Pedánea desta Entidade Local Menor está facultada para resolver as eventualidades que poidan xurdir, non previstas nestas bases.

            11.- A participación neste concurso supón a aceptación de todas e cada unha das súas bases. A decisión do xurado é inapelable.

Comentarios (0)

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close