Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
Suspéndese a Cabalgata de Reis manténdose a recepción no Centro Cultural
  • Administrador
  • 03·01·2024
Suspéndese a Cabalgata de Reis manténdose a recepción no Centro Cultural

A Cabalgata de Reis prevista para o vindeiro xoves dia 4 de xaneiro suspéndese con motivo da previsión de chuvias (anulándose o percorrido da comitiva real desde a rotonda sita na confluencia da Estrada de Bembrive coa Rúa Eifonso -na contorna do Colexio Público Mosteiro- ata o Centro Cultural).


De tódolos xeitos, as Súas Maxestades recibirán ás nenas e nenos a partir das 17:00 horas no Centro Cultural de Bembrive.


Ás 18:00 horas terá lugar no auditorio do citado local socio cultural unha actuación musical infantil.


A Entidade Local Menor de Bembrive, xunto con distintas agrupacións desta parroquia, conscientes de que unha das maiores satisfaccións é o mantemento da ilusión das nenas e nenos que agardan todo o ano a chegada dos Reis cos regalos, convidan á veciñanza a asistir ao evento.

Comentarios (0)

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close