O sábado dia 2 de decembro de 2023 celebrarase a décimo segunda edición da “Carreira Solidaria Nocturna de Bembrive”, que leva o nome de Manuel Dalmeida, que foi vocal desta Entidade e verdadeiro impulsor da proba.
A carreira está organizada pola Entidade Local Menor de Bembrive coa colaboración da Concellería de Deportes de Vigo, das agrupacións da parroquia e de distintas casas comerciais que colaboran co seu patrocinio
O custo da inscrición é
A proba terá unha distancia de
Como nos anos anteriores, prevese a participación dos máis cativos coa celebración da carreira infantil que terá lugar ás 18:30 coa saida diante da sede da sede desta ELM.
Ao remate da proba celebrarase un Magosto con música e bebida gratuita, no que poderán participar tanto os corredores como todos aqueles que nos queiran acompañar, acto que será amenizado por un grupo folc.
Asi mesmo, toda a veciñanza que así o desexe e queira participar, ven aportando alimentos, colaborando na organización ou participando na festa final poden facelo e disfrutar da xornada.
Máis información e inscricións na páxina web: https://cronotec.es/
Cartel do evento: http://bembrive.org/uploads/cartel completo xii carreira solidaria 2023.pdf
1 fotos
8 fotos
7 fotos
As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!