Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
Reserva de sidra da XXV Festa da Sidra 2023
  • Administrador
  • 26·07·2023
Reserva de sidra da XXV Festa da Sidra 2023

Con motivo da celebración da XXV Festa da Sidra, infórmase que dende o luns 24 de xullo e ata o vindeiro venres 15 de setembro, ou ata fin de existencias, pódese facer a reserva de caixas de sidra (non hai límite de adquisición de caixas), realizando o pago de 26 Euros por cada caixa na conta bancaria aberta ao efecto ten aberta a Asociación Festa da Sidra, Abanca núm. ES84 2080 5086 1430 4001 4670.

As persoas interesadas realizarán o pago da cantidade correspondente, indicando no ingreso o núm. de caixas e o nome e apelidos da persoa.

Se non son clientes de Abanca, para non ter que pagar comisión, poderán facer unha transferencia dende a entidade bancaria coa traballen de xeito habitual.

No caso de facer o ingreso no caixeiro automático é necesario indicar o nome da persoa que fai o pago.

As persoas interesadas poderán recoller a sidra encargada nas instalacións da Asociación Cultural e deportiva Xestas, con enderezo estrada das Plantas núm. 31 - Bembrive (Vigo), amosando o xustificante de pago, o sábado 23 de setembro en horario de 10:00 a 13:30 h. e de 16:00 a 20:00 h. e do luns 25 de ao venres 29 de setembro de 17 a 20 horas.

Comentarios (0)

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close