Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
Celebración da XXVI edición da Festa Floral e Corpus Cristi en Bembrive
  • Administrador
  • 13·06·2023
Celebración da XXVI edición da Festa Floral e Corpus Cristi en Bembrive

A Entidade Local Menor de Bembrive organiza para o domingo día 11 de xuño a XXVI Festa Floral de Bembrive e Corpus Cristi, na que colaboran Asociacións desta parroquia e veciños e veciñas en xeral.

O desenvolvemento da mesma realízase a partir das 16,00 horas do día anterior, cortando o tráfico na Rúa de Igrexa e entorno para comezar o marcado das zonas de debuxo para os motivos florais das alfombras. A continuación, realizarase o laborioso traballo de configuración dos motivos das alfombras coas flores e plantas que se recollen pola parroquia doadas por veciños, veciñas e entidades. Esta labor exténdese durante a tarde e noite e ata altas horas da madrugada.

A zona de decoración das alfombras florais comprende a zona adoquinada (lugar do Mosteiro), que abrangue dende a sede da Entidade Local Menor ata a igrexa parroquial de Santiago de Bembrive, rodeando a mesma.

Os motivos empregados na decoración das alfombras son de carácter tradicional, destacando no entorno da igrexa os motivos relixiosos. Como é tradicional, realizarase tamén o escudo da Entidade Local Menor.

O día 11 pola mañá tódolas persoas que se acheguen a Bembrive poden contemplar os traballos realizados.

Ás 12.00 da mañá ten lugar un concerto a cargo dunha agrupación musical no palco de pedra situado na rúa da Igrexa.

Ás 12.30 celébrase a Santa Misa, que rematará coa realización dunha procesión acompañada pola mesma agrupación musical. Neste acto é tradicional que participen tamén os nenos e nenas da parroquia que celebran a súa primeira comunión.

Tódolos colectivos da parroquia, encargados da organización e posta en marcha deste evento, fan un gran esforzo para que esta festividade, xa moi arraigada na parroquia, teña o esplendor que se merece, ao encher de colorido e beleza a parroquia de Bembrive

Tendo en conta a experiencia das últimas edicións desta actividade nas que se produciron condicións climatolóxicas adversas similares ás previstas para o periodo no que se realiza este evento, con intervalos nubosos de nubes baixas pola mañá que irán con brumas e néboas dispersas asociadas que ao final do dia se agardan en xonas altas, e de nubes de evolución a partir do mediodía. Chuvias chubascos e tormenta ocasional o sábado tarde e noite e domingo, prevese unha afluencia de entre 50 e 100 e persoas ao mesmo tempo. 

http://bembrive.org/uploads/img-20230610-wa0011.jpg

Comentarios (0)

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close