Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
Patricia Otero (no centro da imaxe) tomará posesión como nova Alcaldesa de Bembrive o mércores 14
  • Administrador
  • 13·12·2022
Patricia Otero (no centro da imaxe) tomará posesión como nova Alcaldesa de Bembrive o mércores 14
A Entidade Local Menor de Bembrive celebrará sesión extraordinaria e urxente da Xunta Veciñal, o vindeiro mércores, día 14 de decembro de 2022, ás 12.00 horas (doce da mañá) no salón de actos da súa sede, coa seguinte:

ORDE DO DÍA

1.- Ratificación da urxencia da convocatoria

2.- Toma de posesión de Dª Patricia Otero Carrera como Alcaldesa Pedánea


A nova alcaldesa, natural de Bembrive, exerce ata o de agora como primeira tenente de alcaldía e vocal de Cultura, Deportes e Festexos desta Entidade Local desde xuño de 2019, e substitúe no cargo a Marcos Castro González, quen cesou recentemente, dándose conta deste cese na sesión extraordinaria e urxente da Xunta Veciñal celebrada o pasado dia 1 de decembro.

 

Comentarios (0)

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close