Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
Bembrive acollerá a 23ª edición do Certame de Rondallas o domingo 11 de decembro
  • Administrador
  • 05·12·2022
Bembrive acollerá a 23ª edición do Certame de Rondallas o domingo 11 de decembro

Bembrive acollerá un ano máis a vixéximo terceira edición do Certame de Rondallas, organizado pola Entidade Local de Bembrive, e que se desenvolverá no Torreiro da Ponte (diante do Centro Cultural de Bembrive), o domingo día 11 de decembro ás 11,30 h. No caso de condicións climatolóxicas adversas que así o aconsellen suspenderase o evento.

As rondallas participantes nesta ocasión serán as seguintes:

- SANTA EULALIA DE ATIOS (PORRIÑO)

- C.V.C. DE VALADARES (VIGO)

- S.C.D.R. “HELIOS” DE BEMBRIVE (VIGO)

A Alcaldía e resto da corporación desta Entidade convidan a toda a veciñanza e poboación en xeral a acudir a esta tradicional actividade enmarcada na época de Nadal e propia das comarcas de Vigo-Fragoso, Val Miñor, A Louriña, e Baixo Miño.

Comentarios (0)

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close