Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
Bembrive recupera a Festa Floral, cuxa XXV edición se desenvolverá o 19 de xuño
  • Administrador
  • 06·06·2022
Bembrive recupera a Festa Floral, cuxa XXV edición se desenvolverá o 19 de xuño

Esta Entidade Local Menor está organizando a XXV Festa Floral de Bembrive que terá lugar o vindeiro domingo día 19 de xuño na contorna da igrexa parroquial.

Co fin de poder confeccionar as alfombras de xeito idóneo e garantir a seguridade das persoas que colaboran, infórmase que o tramo desde a IGREXA ata a PRAZA MOSTEIRO permanecerá pechado ao tráfico dende as 16.00 horas do sábado día 18 de xuño, ata as 18.00 horas do domingo 19, non permitíndose a circulación de vehículos nin o estacionamento no mencionado lugar.

Agradécese a colaboración da veciñanza para o bó desenvolvemento dos actos previstos para a mencionada festa, e anímase á mesma a adornar os seus balcóns con motivo da celebración do Corpus Cristi, que culminará coa procesión a continuación da misa maior.

Comunícase a todas aquelas persoas que desexen colaborar nesta actividade, organizada por esta Entidade Local coa axuda de varias Asociacións de Bembrive, e que se celebrará o 19 de xuño, que poden chamar aos teléfonos núm. 986 423 148 ou 619 419 314 para que o persoal desta Entidade pase a recoller as flores que se cedan para a elaboración de alfombras.

Así mesmo, anímase a todas elas a axudar no debullado de flores nos locais habituais ou confeccionando as alfombras durante o sábado, día 18 de xuño.

Cartelería da actividade: http://bembrive.org/uploads/cartaz xxv f.floral 2022.pdf 

Comentarios (0)

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close