Como xa é habitual, o luns 11, martes 12 e mércores 13 e luns 18 de abril en horario de 9:00 a 14:00 horas (con posibilidade de amplialo desde as 8:00 ata as 15:00), e dentro da actividade da Ludoteca de Bembrive para o ano 2022, organizado por esta Entidade Local e executado por "Ludiland", realizarase o Campamento de Semana Santa no edificio sede desta Entidade.
O prazo de inscrición comeza o 29 de marzo e remata o 6 de abril ou ao cubrirse o máximo de prazas.
O formulario de solicitude de inscrición pódese descargar no seguinte enlace: http://bembrive.org/uploads/ficha inscripción ludiland (1).pptx
Unha vez cumprimentado e asinado o referido impreso, este presentarase nas oficinas da Entidade Local de Bembrive (Praza Mosteiro 1, Bembrive, C.P. 36313 Vigo) presencialmente, en horario de 9:30 a 14:00 h., ou por correo-e ao enderezo elmbembrive@gmail.com .
Tedes toda a información nos seguintes enlaces:
- Cartaz e prezos: http://bembrive.org/uploads/cartel campamento sem santa bembrive 2022.jpeg
- Información sobre a inscrición e pago: http://bembrive.org/uploads/inscripciÓn campamento sem santa bembrive 2022.jpeg
1 fotos
8 fotos
7 fotos
As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!