Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
Volve o Entroido a Bembrive
  • Administrador
  • 09·02·2022
Volve o Entroido a Bembrive

Como xa é tradicional, o vindeiro sábado 5 de marzo ás 17:00 horas, e dentro das actividades do tan agardado Entroido de Bembrive, organizado novamente por esta Entidade Local en colaboración con varias Asociacións da parroquia, realizarase o Desfile de Comparsas desde Troncais ata o Centro Cultural do Torreiro da Ponte.

Ás 22:30 horas realizarase a verbena-baile de disfraces e o Concurso de disfraces individuais de adultos no citado local, que contará coa animación dun grupo musical en directo.

O concurso de disfraces individuais infantís celebrarase o domingo dia 6 de marzo ás 17:00 h. no auditorio da casa cultural, co espectáculo musical de "Animar-T a bailar"

As persoas interesadas poden consultar as bases dos concursos de comparsas e disfraces de adultos e de individuais infantís no taboleiro de anuncios:  http://bembrive.org/elm-bembrive-taboleiro .

O formulario de solicitude de inscrición pódese descargar no seguinte enlace: http://bembrive.org/uploads/impreso solic. inscrición comparsas entroido 2022.doc 

O cartaz do evento pódese descargar aquí: http://bembrive.org/uploads/cartel entroido 2022 colab. depo.pdf 

Comentarios (0)

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close