Como xa é tradicional, Bembrive recibirá ás Súas Maxestades, os Reis Magos de Oriente, o vindeiro martes dia 4 de xaneiro.
A Cabalgata, partirá ás 17:00 horas da rotonda situada na confluencia da Estrada de Bembrive coa Rúa Eifonso (na contorna do Colexio Público Mosteiro), para rematar no Torreiro da Ponte (diante do Centro Cultural de Bembrive, xestionado pola Asociación SCDR Helios).
Ás 18:00 horas terá lugar no auditorio do citado local socio cultural unha actuación musical infantil baixo o título "A bailar no Nadal"
A Entidade Local Menor de Bembrive, xunto cos colectivos sociais, de mulleres, culturais e deportivos desta parroquia, e a pesares das dificultades provocadas pola pandemia, son conscientes de que unha das maiores satisfaccións é o mantemento da ilusión das nenas e nenos que agardan todo o ano a chegada dos Reis cos regalos, polo que, ao tempo que convidan á veciñanza a asistir ao evento, fan tamén un chamamento a observar as advertencias dos expertos e autoridades sanitarias tomando as medidas oportunas para a prevención de contaxios de enfermidades.
1 fotos
8 fotos
7 fotos
As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!