Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
XXII Certame de Rondallas 2021
  • Administrador
  • 10·12·2021
XXII Certame de Rondallas 2021

O vindeiro domingo dia 19 de decembro a partir das 16.30 horas terá lugar no Torreiro da Ponte (diante do Centro Cultural) o tradicional Certame de Rondallas de Bembrive, que vai xa pola súa XXII edición.

Nesta ocasión, as Rondallas convidadas serán as das Asociacións Culturais A Mercede de Chaín (Gondomar), Santa Eulalia de Atios (O Porriño), e a SCDR Helios de Bembrive (Vigo).

Este evento aprazarase no caso de condicións climatolóxicas adversas que así o aconsellen.

As persoas asistentes aos actos cumprirán a vixente normativa de prevención de contaxios da Covid-19, adoptando as medidas precisas de uso de máscara e gardando a distancia mínima interpersoal.

Desde esta Entidade convídase a todos a celebrar o Nadal e a disfrutar deste acto tan entrañable e característico das comarcas do Louriña, Val Miñor, Baixo Miño, e Val do Fragoso - Vigo.

Comentarios (0)

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close