Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
Bembrive prepárase para a X Carreira Solidaria e o Magosto
  • Administrador
  • 09·11·2021
Bembrive prepárase para a X Carreira Solidaria e o Magosto

O sábado dia 27 de novembro de 2021 celebrarase a décima edición da “Carreira Solidaria Nocturna de Bembrive”, que leva o nome de Manuel Dalmeida, que foi vocal desta Entidade e verdadeiro impulsor da proba.

A carreira está organizada pola Entidade Local Menor de Bembrive e conta coa colaboración da Concellería de Deportes de Vigo, das agrupacións da parroquia, da Asociación Festa da Sidra e das firmas comerciais Alcampo Vigo-2 e Frutas Nieves.

O custo da inscrición é 1 Kg. de alimento non perecedero, que se entregarán a persoas da parroquia que estean a pasar dificultades económicas.

A proba terá unha distancia de 6.785 m e dará comenzo ás 20:00 diante da sede da Entidade Local Menor, onde tamén os atletas inscritos deberán recoller as acreditacións e o chip necesario para a carreira.

Como nos anos anteriores, prevese a participación dos máis cativos coa celebración da carreira infantil que terá lugar ás 18:30 coa saida diante da sede da sede desta ELM.

Ao remate da proba celebrarase un Magosto con música e bebida gratuita, no que poderán participar tanto os corredores como todos aqueles que nos queiran acompañar, acto que será amenizado por un grupo folc.

Asi mesmo, toda a veciñanza que así o desexe e queira participar, ven aportando alimentos, colaborando na organización ou participando na festa final poden facelo e disfrutar da xornada. 

Pódese descargar o cartaz coa información no seguinte enlace: http://bembrive.org/uploads/cartel completo x carreira solidaria 2021 ok.pdf

As persoas interesadas poden inscribirse ou consultar as inscricións realizadas clicando aquí: https://cronotec.es/

incripcion na páxina : http://cronotec.es/ins/index.php?module=home/inscripcion&cid=147


Comentarios (1)

Samuel Fernández Torre 23·11·2021 18:57:01

Estará cortado o tráfico? Por onde? Graciñas

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close