Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
Charla sobre a incidencia do PXOM en Bembrive o 10.11.2021
  • Administrador
  • 29·10·2021
Charla sobre a incidencia do PXOM en Bembrive o 10.11.2021

O vindeiro mércores dia 10 de novembro ás 20.00 horas terá lugar no Auditorio do Centro Cultural de Bembrive (Torreiro da Ponte s/núm.) unha charla sobre a incidencia do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) na parroquia de Bembrive.

No referido acto intervirán a concelleira de Urbanismo, Maria José Caride, e o Xerente de Urbanismo do Concello de Vigo.

O citado documento do PXOM, logo de ser aprobado inicialmente polo pleno, atópase actualmente en periodo de exposición pública, aos efectos de que calquer persoa interesada poida presentar alegacións durante o prazo de tres meses dende a súa publicación no DOG, é dicir, ata o dia 18 de xaneiro.


Comentarios (0)

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close