Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
Conmemoración do 75 aniversario da ELM de Bembrive
  • Administrador
  • 02·06·2021
Conmemoración do 75 aniversario da ELM de Bembrive

O vindeiro sábado dia 20 e domingo 21 de xuño de 2021 na Praza Mosteiro (diante da sede desta Entidade) terá lugar a Conmemoración do 75º Aniversario da Entidade Local Menor de Bembrive (cartaz do evento:  http://bembrive.org/uploads/cartel 75 aniversario elmb 2021.pdf ).

A este evento (aprazado desde o ano pasado por motivo do estado de alarma pola crise sanitaria do Covid-19), están convidados todas as persoas que formaron parte da corporación da mesma ao longo da súa historia (alcaldes pedáneos e vogais da Xunta Veciñal), ademáis do goberno municipal e da Deputación de Pontevedra.

Esta Entidade Local nace o 12 de xuño de 1945, presidida por Luis Alonso Abalde (que exerceu de alcalde pedáneo ata o ano 1949), sendo secretario Manuel Alonso Fernández e asesor técnico Claudino Quinteiro, párroco de Bembrive. Antecedente desta autonomía é o establecemento da parroquia como "Pueblo agregado" en outubro de 1931, co fin de acadar unha boa extracción dos aproveitamentos do monte comunal e lograr a súa repoboación, feito culminado en xaneiro de 1932, cando se entregou o monte á xunta administativa por parte das autoridades municipais. A ELM nace como continuadora do antigo pobo agregado para promover e administrar o monte da parroquia, aínda que co paso do tempo, a súa actuación vai dirixida tamén ao mantemento e creación de infraestruturas, tales como viais, parques de ocio e recreo, fontes, rede de sumidoiros, iluminación, etc.


Programa de actos:

Sábado 19, no Torreiro da Ponte:

19.30 h.: Pasarrúas dende a Praza Mosteiro ata o Torreiro da Ponte a cargo da batukada "Cencerro Nejro"

20.00 h.: Actuación a cargo da mesma Agrupación "Cencerro Nejro"

21.00 h.: Actuación da orquestra folc "Sondeseu"

 

Domingo 20, na Praza Mosteiro:

              11.30 h.: Pasarrúas ata a Praza Mosteiro da Banda de Gaitas “Charamuscas


              11.30 h.: Actuación musical da mesma Agrupación “Charamuscas


              12:00 h.: Concerto da Banda de Música “Ateneo Musical de Bembrive


              13.00 h.: Entrega de agasallos e descubrimento de placa
 

Os asistentes aos actos cumprirán a vixente normativa de prevención de contaxios da Covid-19, adoptando as medidas precisas de uso de máscara e gardando a distancia mínima interpersoal.


Comentarios (2)

Rubén 15·06·2021 12:10:03

Hola. Se necesita invitación para el concierto de sondeseu

Celia 19·06·2021 17:18:46

Hola. Precísase solicitar invitación para o concerto de sondeseu???

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close