Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
Andaina realizada polo sendeiro local dos montes de Bembrive
  • Administrador
  • 24·05·2021
Andaina realizada polo sendeiro local dos montes de Bembrive

Durante a xornada de onte domingo dia 23 tivo lugar unha camiñata polo sendeiro local de Bembrive- Beade a través do programa "Camiño a Camiño" da Concellería de Medio Ambiente, en colaboración coa  Mancomunidade de Montes Veciñais de Vigo e a Agrupación de Centros Culturais.

Esta terceira etapa dos paseos interpretativos do referido programa municipal permitiu coñecer de cerca a xestión dos montes da Entidade Local Menor de Bembrive. 

Sen dúbida trátase de un dos pulmóns de Vigo en canto a masa forestal -xunto cos montes de Beade-, e tamén un espazo de alto interese medioambiental pola diversidade de fentos e o bosque de ribeira que poidemos contemplar ao longo do percorrido e, particularmente, ao achegarse ao río Eifonso. 

A isto hai que engadirlle os importantes mananciais que emanan destes montes e que a principio do século XX chegaron subministar de auga a Vigo a través do sifón que unía a Casa das Augas co depósito do Monte do Castro.

Para finalizar a xornada actuaron os grupos Queixumes Beade Pandereteiras dentro da programación proposta pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

Máis información na páxina web  https://caminoacaminovigo.blogspot.com/2021/05/paseos-maio-03-execucion.html 

Comentarios (0)

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close