Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
Convocatoria de subvencions a Asociacións para actividades no ano 2020
  • Administrador
  • 26·10·2020
Convocatoria de subvencions a Asociacións para actividades no ano 2020

A Xunta Veciñal da Entidade Local de Bembrive en sesión ordinaria celebrada o 27 de agosto de 2020 aprobou a CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DA ENTIDADE LOCAL MENOR DE BEMBRIVE PARA A EXECUCIÓN DE ACTUACIÓNS DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO CULTURAL, DEPORTIVO, EDUCATIVO E SOCIAL NO EXERCICIO 2020

 

As presentes bases, que rexerán a convovatoria para a concesión de subvencións para a execución de actuacións de promoción e desenvolvemento cultural, deportivo, educativo e social no exercicio 2020, estarán suxeitas á Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (en adiante LXS), o REGULAMENTO PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS E SUBVENCIÓNS DA ENTIDADE LOCAL MENOR DE BEMBRIVE EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA A INSTITUCIÓNS SIN FINS DE LUCRO aprobado pola Xunta Veciñal desta Entidade o 11 de xullo de 2012 publicado no BOP do 17 de outubro de 2012, (no sucesivo RCS) e demais normativa aplicable.

 

Primeiro.- Obxecto das axudas e subvencións

 a)      A presente convocatoria ten por finalidade a concesión de axudas e subvencións desta Entidade, destinadas á promoción e realización de actividades educativas, deportivas, culturais, ou festas tradicionais propias de:

 Promoción e realización de actividades adecativas en centros públicos e privados de ensino, escolas, centros, e asociación de país de alumnos (ANPAS) ou asociación.

Esta convocatoria comprenderá o período do ano natural, se financia con cargo á bolsa de vinculación 3.4 do orzamento da Entidade para o exercicio 2020, por un importe total de 15.000 euros de acordó cos principios de obxectividade, libre concorrencia e publicidade.

 

Segundo.- Destinatarios.

 2.1.- Poderán concorrer e optar a estas subvencións:

 -          Asociacións culturais, deportivas, de festas, educativas e asociación de nais e país de alumnos.

-          Asociacións de vecinos.

-          Asociacións xuvenís, de amas de casa e de mulleres.

 2.2.- Os solicitantes deberán reunir ademáis os requisitos detallados no apartado segundo do RCS.

 

Terceiro.- Actuacións subvencionables.

 3.1.- Poderán ser obxecto de subvención as obras, servizos e subministros para cada actuación.

 3.2.- Tamén poden ser obxecto das subvencións os gastos ordinarios de subministros e servizos causados polo local social nunha porcentaxe máxima do 20% do seu custo.

 3.3.- Non poderán ser obxecto de axuda ou subvención na correspondente convocatoria as actividades subvencionadas, no mesmo exercicio, a través doutras convocatorias de subvencións ou de planos doutras AA PP, cando o importe destas útimas cubra o 100 % da actividade a realizar. En caso contrario, poderá ser subvencionable e complementado o importe da actividade na contía restante ata chegar ó total do importe de actuación; tendo en conta o disposto no artigo 6 do presente Regulamento.

 

Cuarto.- Convocatoria e prazo de solicitude.

 O prazo para presenta-las solicitudes (nos formatos que se poden recoller na sede da Entidade Local Menor de Bembrive) será de quince días naturais a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no BOP do mércores 21 de outubro de 2020, e se presentarán no rexistro xeral da Entidade Local Menor de Bembrive ou por calquera das formas establecidas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 No caso de solicitudes defectuosas ou incompletas, concederase un prazo de dez días para a súa corrección ou emenda, arquivándose, sen máis trámite, cando non se subsanen as deficiencias advertidas no prazo sinalado. Non se Terán en conta as solicitudes presentadas fóra dos prazos fixados na convocatoria.

 

Quinto.- Documentación.

 Será a recollida no apartado quinto do RCS.

 

Sexto.- Órgano competente e criterios para a concesión de subvencións.

 6.1.- A Xunta Veciñal será o órgano competente para a resolución das petición de subvencións ou axudas, previa proposta da Comisión Técnica avaliadora que estará composta por:

 Presidente: o Sr. Alcalde-Pedáneo ou vocal en quen delegue.

Vogais: un vogal por cada un dos grupos políticos con representación na Entidade Local Menor de Bembrive.

Secretario/a: o/a da Entidade Local Menor de Bembrive, ou persoa en quen delegue.

 Os criterios a ter en conta para a concesión das axudas serán os recollidos no apartado sexto do RCS.

 

Sétimo.- Lexislación aplicable.

 Ás actividades subvencionables obxecto da presente convocatoria seralle de aplicación á Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. O regulamento da Lei Xeral de Subvencións aprobado polo Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, e máis o RCS anteriormente mencionado.

A presente convocatoria publicarase no Taboleiro de Anuncios da Entidade Local Menor de Bembrive, así como no Boletín Oficial da Provincia”.


Os impresos pódense descargar e cumplimentar clicando no seguinte enlace:  http://bembrive.org/uploads/modelo de solicitude.doc 


Máis información no BOP de Pontevedra do 21/10/2020.

Comentarios (0)

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close