Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
Consultas urbanísticas de parcelas de Bembrive
  • Administrador
  • 22·09·2020
Consultas urbanísticas de parcelas de Bembrive

De conformidade ao exposto na asemblea informativa do pasado sábado dia 19 de setembro, en relación á incidencia en Bembrive do proxecto de novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo (PXOM), infórmase que esta Entidade Local Menor prestará asesoramento ás persoas interesadas en coñecer o estado urbanístico das súas parcelas localizadas en Bembrive; as cales poden chamar por teléfono ao nº. 986423148 ou ben remitir correo-e a elmbembrive@gmail.com  indicando os seguintes datos:

- Nome e apelidos
- Enderezo de correo electrónico
- Número de teléfono de contacto
- Referencia catastral (ou polígono e parcela) e lugar das citadas fincas

Esta Entidade informará aos técnicos das consultas das persoas interesadas coa finalidade de coñecer a situación urbanística vixente e a previsión futura do solo de referencia.

Comentarios (0)

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close