O pasado mércores día 26 de febreiro, a Entidade Local de Bembrive realizou a prantación de máis de douscentos castiñeiros autóctonos micorrizados nunha parcela duns 11.000 m2 do lugar das Plantas, do Monte de Utilidade Pública número 563 de titularidade desta Entidade.
Con esta actuación preténdese poñer en valor o monte comunal da parroquia, para que cumpra as funcións económica, medioambiental e social do mesmo.