Como xa é tradicional, o vindeiro sábado 29 de febreiro ás 17:00 horas, e dentro das actividades do Entroido de Bembrive, organizado por esta Entidade Local Menor en colaboración coa Asociación SCDR Helios e demáis Asociacións da parroquia, realizarase o Desfile de Comparsas desde Troncais ata o Centro Cultural do Torreiro da Ponte.
Ás 22:30 horas realizarase a verbena-baile de disfraces e o Concurso de disfraces individuais de adultos na Sala Magna do Centro Cultural. A animación musical correrá a cargo do grupo "XTRA".
O concurso de disfraces individuais infantís celebrarase o domingo dia 1 de marzo ás 17:00 h. no Auditorio do mesmo Centro , co espectáculo musical de "Animar-T a bailar"
As persoas interesadas poden consultar as bases dos concursos de comparsas e disfraces de adultos e de individuais infantís no taboleiro de anuncios: https://bembrive.org/uploads/taboleiro/bases-concurso-entroido-2020.pdf
O formulario de solicitude de inscrición pódese descargar no seguinte enlace: http://bembrive.org/uploads/impreso-solic.-inscrici--n-comparsas-entroido-2020.doc
1 fotos
8 fotos
7 fotos
As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!