O vindeiro luns 24, martes 25 e mércores 26 de febreiro, en horario de 9:30 a 13:30 h., realizarase no edificio sede desta Entidade Local Menor o Campamento de Entroido organizado por esta Entidade e executado por Ludiland. A referida actividade está dirixida a persoas con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos.
O prazo de solicitude de pre-inscrición remata o 19 de febreiro ou ao cubrirse o máximo de prazas establecido.
O formulario de solicitude a presentar cuberto e asinado na ELM de Bembrive, pódese atopar nas súas oficinas ou descargar no seguinte enlace: http://bembrive.org/uploads/ficha-inscripci--n-ludiland-ludoteca-nadal-2019-20.pptx
No caso de cubrirse o número mínimo de prazas, avisaráselle á maior brevidade posible tal circunstancia ás persoas participantes para que realicen o pago de 10 euros por cada unha ata o dia 21 deste mes, no número de conta ES33-2080-5086-1530-0705-7752. Por elo, é conveniente que indiquen na instancia un enderezo de correo electrónico de contacto.
1 fotos
8 fotos
7 fotos
As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!