A Entidade Local de Bembrive, en colaboración coa ANPA "Bene Vívere" do CEIP Mosteiro, e logo de suspenderse a actividade prevista para o 31 de outubro polas condicións meteorolóxicas adversas, organiza para o vindeiro venres dia 6 de decembro a primeira Andaina do Samaín de Bembrive, co seguinte programa:
19:15 h.: Obradoiro infantil na sede da Entidade Local Menor
20:00 h.: Inicio da andaina na Praza Mosteiro (duración aprox.: 1 hora)
* As persoas menores de idade irán acompañadas por unha adulta, que será a responsable das mesmas
* As participantes levarán lanterna e disfrace, se o desexan
* Inscricións (ata completar prazas): Na sede da Entidade Local de Bembrive, os dias 2, 3 e 4 de decembro, de 9.30 a 10.30 h. e no Colexio Mosteiro o 27 de novembro e o 2 de decembro, de 16 a 17 h. (Baixas e devolucións: o 27, 28 e 29 de novembro no mesmo horario).
* Prezo: 5 € por persoa (inclúe diversión e chocolate quente).
Ademáis haberá posto de bocatas e doces
* En caso de mal tempo, a actividade quedaría aprazada
* Máis información no teléfono número 680193050.
1 fotos
8 fotos
7 fotos
As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!