Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
Convocatoria da Ludoteca 2019/2020
  • Administrador
  • 25·09·2019
Convocatoria da Ludoteca 2019/2020

Co comezo do curso escolar 2019/2020, esta Entidade Local informa a todas as persoas interesadas en participar na Ludoteca de Bembrive, que poderán realizar a pre-inscrición na mesma ata o venres dia 11 de outubro, indicando nome e apelidos, idade, teléfono de contacto e enderezo de correo electrónico (se ten), de xeito presencial nas oficinas desta Entidade ou enviando un correo-e a  elmbembrive@gmail.com .

Os horarios provisionais da Ludoteca serán os luns, martes e xoves de 17.30 a 19.30.

A realización desta actividade está condicionada á inscrición dun número mínimo de nenas e/ou nenos, polo que se avisará aos solicitantes durante a segunda quincena de outubro da data exacta do comezo.

Comentarios (0)

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close