Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
XXIV Festa Floral de Bembrive (23 de xuño 2019)
  • Administrador
  • 03·06·2019
XXIV Festa Floral de Bembrive (23 de xuño 2019)

Esta Entidade Local Menor está organizando a XXIV Festa Floral de Bembrive que terá lugar o vindeiro domingo día 23 de xuño na contorna da igrexa.

Co fin de poder confeccionar as alfombras de xeito idóneo e garantir a seguridade das persoas que colaboran, infórmase que o tramo desde a IGREXA ata a PRAZA MOSTEIRO permanecerá pechado ao tráfico dende as 16.00 horas do sábado día 22 de xuño, ata as 18.00 horas do domingo 23, non permitíndose a circulación de vehículos nin o estacionamento no mencionado lugar.

Agradecéndolle a súa colaboración para o bó desenvolvemento dos actos previstos para a mencionada festa, animamos a toda a veciñanza a adornar os seus balcóns con motivo da celebración do Corpus Cristi, que culminará coa procesión a continuación da misa maior.


Comunícase a toda a veciñanza que desexe colaborar nesta actividade organizada por esta Entidade Local coa axuda de varias Asociacións de Bembrive, e que se celebrará o 23 de xuño, que poden chamar aos teléfonos núm. 986 423 148 ou 619 419 314 para que o persoal desta Entidade pase a recoller as flores que se cedan para a elaboración de alfombras.

Así mesmo, anímase á veciñanza para que colabore debullando flores nos locais habituais ou confeccionando as alfombras durante o sábado, día 22 de xuño.

Comentarios (0)

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close