A Alcaldía Pedanía da Entidade Local de Bembrive procederá á entrega de premios do Concurso de redacción do
Día da Muller 2019, que contará coa actuación do Ateneo Musical de
Bembrive, o
vindeiro venres dia 22 de marzo ás 18:00 h. na sede da
Entidade Local de Bembrive.
Ao acto acudirán, ademáis de membros da corporación
local, representantes das Asociacións e dos corpos directivos dos
centros educativos da zona.
Trátase da octava edición dun concurso organizado por esta Entidade e dirixido ao alumnado dos Colexios Públicos desta parroquia, CEIP Chans e CEIP Mosteiro, para conmemorar o Día Internacional da Muller do 8 de marzo, co principal obxectivo de promover a sensibilización das nenas e nenos en materia de igualdade de xénero.
1 fotos
8 fotos
7 fotos
As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!