Como xa é habitual, o luns 4, martes 5 e mércores 6 de marzo en horario de 9:30 a 13:30 horas, e dentro da actividade da Ludoteca de Bembrive para o ano 2019, organizado por esta Entidade Local e executado por Koremi, realizarase o Campamento de Entroido "LudoEntroido Bembrive 2019" no edificio sede desta Entidade.
O prazo de inscrición remata o 1 de marzo ou ao cubrirse o máximo de 20 prazas.
O formulario de solicitude de inscrición pódese descargar no seguinte enlace: http://bembrive.org/uploads/incripci--n-camp-bembrive-entroido-2019.pdf
Unha vez cumprimentado e asinado o referido impreso, presentarase xunto coa documentación indicada nel na sede da Entidade Local de Bembrive (Praza Mosteiro 1, Bembrive, C.P. 36313 Vigo).
Comeza |
04·03·2019 ás 09:30 |
---|---|
Remata |
06·03·2019 ás 13:30 |
Ubicación |
Entidade Local de Bembrive. Praza Mosteiro 1- Bembrive- Vigo |
1 fotos
8 fotos
7 fotos
As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!