Bembrive é unha parroquia singular dentro do concello de Vigo, xa que posúe o rango administrativo de Entidade Local Menor (ELM) dende o 12 de xullo de 1945, catro anos despois da súa anexión ao Concello de Vigo xunto co resto do Concello de Lavadores. Este rango administrativo só o posúen outras oito parroquias no territorio galego. Pódese consultar a primeira acta desta Entidade en: http://bembrive.org/uploads/primeira acta da elm bembrive 12.06.1945.pdf
A Entidade Local Menor é un ente de ámbito territorial inferior o municipal, integrante de Administración local, cuxos órganos son o alcalde pedáneo e a Xunta Veciñal, fomada por catro vogais. A elección destes membros faise de xeito simultáneo e paralelo á elección do goberno municipal de Vigo da seguinte maneira: Os votantes de Bembrive, nas eleccións municipais, votan en dúas furnas diferenciadas, unha para as municipais viguesas e outra onde se escolle ao alcalde pedáneo. Os catro vogais repártense segundo resultados das eleccións municipais no ámbito da parroquia.
A ELM ten certas competencias organizadas a través das distintas vogalías, como son a vogalía de medio ambiente, xuventude e turismo, vogalía de participación cidadá, cultura e deportes, vogalía de fomento, parques e xardíns e limpeza. Todas estas competencias son subsidiarias do Concello de Vigo e basicamente as súas funcións consisten na xestión do monte parroquial (246 Ha.) e a administración e mantemento de certas infraestruturas e servizos. Deste xeito a ELM actúa coma un axente de representación da veciñanza da parroquia ante outras institucións. Parte do financiamento da ELM proven da administración e explotación da súa masa forestal.
Coma administración propia da parroquia, a ELM conta con un edificio a xeito de “casa consistorial”, situado no barrio do Mosteiro, cabeceira da parroquia. Así mesmo, ten unha simboloxía propia, consistente nunha bandeira e un escudo. O Escudo da ELM de Bembrive foi publicado o 3 de maio do 2001 no Diario Oficial de Galicia nº 85 e a bandeira o 15 de maio de 2002 no Diario Oficial de Galicia nº 93.
O núm. de teléfono da súa sede é o 986 423 148 e o fax o 986 494 145. O enderezo de correo electrónico de contacto é: elmbembrive@gmail.com .
Membros da Xunta Veciñal (constituída o 04.07.2019 e modificada o 14.12.2022, por cese do alcalde pedáneo electo no ano 2019, D. Marcos Castro González):
1 fotos
8 fotos
7 fotos
As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!