Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
XXIII Festa Floral 2018
  • Administrador
  • 28·05·2018
XXIII Festa Floral 2018

Esta Entidade, coa colaboración de diversas Asociacións da parroquia, está organizando a XXIII Festa Floral de Bembrive que terá lugar o vindeiro domingo día 3 de xuño na contorna da igrexa.


Co fin de poder confeccionar as alfombras de xeito idóneo e garantir a seguridade das persoas que colaboran, infórmase que o tramo desde a IGREXA ata a PRAZA MOSTEIRO permanecerá pechado ao tráfico dende as 16.00 horas do sábado día 2 de xuño, ata as 18.00 horas do domingo 3, non permitíndose a circulación de vehículos nin o estacionamento no mencionado lugar.


Desde esta Entidade, anímase a toda a veciñanza a adornar os seus balcóns con motivo da celebración do Corpus Cristi, que culminará coa procesión a continuación da misa maior, e asi mesmo comunícase a todos aqueles que desexen colaborar no evento, que poden chamar aos teléfonos núm. 986 423 148 ou 619 419 314 para que o persoal desta Entidade pase a recoller as flores que se cedan para a elaboración de alfombras.


Por elo, anímase á veciñanza para que colabore debullando flores nos locais habituais ou confeccionando as alfombras durante o sábado, día 2 de xuño.

Comentarios (0)

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close