Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
Entroido 2018. Concurso de comparsas e disfraces para adultos
  • Administrador
  • 29·01·2018
Entroido 2018. Concurso de comparsas e disfraces para adultos
BASES DO CONCURSO DE COMPARSAS E DISFRACES DO ENTROIDO DE BEMBRIVE 2018

 

 1.- O obxecto deste concurso é o de seleccionar as mellores comparsas e os mellores disfraces individuais, nas diferentes categorías, con motivo da celebración do Entroido en Bembrive, que organizado pola Entidade Local Menor de Bembrive en colaboración cos colectivos da parroquia, terá lugar o sábado día 17 de febreiro.

 

2.- As comparsas participantes comporanse dun mínimo de 20 persoas. Estas deberan concentrarse na Estrada de Bembrive (Camiño dos Troncais) ás 16:00 horas, colocándose no seu lugar que se lle adxudique para o desfile, e identificándose cada unha co número que lle corresponda en función da inscrición e das cararcterísticas da mesma. O desfile comezará as 17:00 horas, quedando excluída do concurso toda aquela comparsa que non poida comezar o percorrido a esta hora.

Ao remate do mesmo realizarase unha representación dun máximo de 7 minutos na carpa instalada na Alameda do Torreiro. Esta será obrigatoria no caso das comparsas infantís, agás as formadas maioritariamente por rapaces e rapazas de ata cinco anos de idade, (decisiva para a adxudicación dos premios) e optativa no caso das comparsas de adultos (non contará para a adxudicación de premios).

 

3.-As comparsas deberán inscribirse previamente entre o días 12 e 14 de febreiro, presentado as follas de solicitude de inscrición debidamente cumprimentadas, no rexistro da Entidade Local Menor, en horario de 9.00 a 14.00 horas. O prazo de inscrición finalizará ás 14.00 horas do día 14 de febreiro.

As comparsas con domicilio social na nosa parroquia terán prioridade na inscrición, sempre que o fagan dentro do prazo establecido.

Non serán admitidas inscricións con posterioridade á data e hora indicadas, calquera que sexa a causa do atraso. As follas de solicitude de inscrición están a disposición dos interesados nas oficinas da Entidade Local Menor.

 

4.- O número de comparsas participantes será dun máximo de 20, incluindo categoría de infantís e adultos. Queda excluida a participación das comparsas que acheguen a inscrición unha vez cuberto o número de participantes ou con posterioridade a data e hora indicadas.

Os participantes seleccionaranse por riguroso orde de entrada no rexistro da Entidade, agás as comparsas de Bembrive que terán prioridade na inscrición, sempre dentro do prazo legalmente establecido. A orde das comparsas no desfile realizarase en función das medidas das carrozas, de menor a maior dimensións.

 

            5.- Cada comparsa deberá levar unha persoa para levar o número de orde, que deberá colocarse ao inicio da comparsa que representa.

 

            6.- Os rapaces e rapazas que se inscriban para o concurso individual infantil de disfraces, desfilarán diante do xurado ao remate da actuación das comparsas participantes, por orde de inscrición, para a súa valoración polo xurado.

 

7.-As persoas que desexen participar no concurso de disfraces individuais adultos teñen que recoller o número de inscrición na entrada do Centro Cultural “Helios”, na noite do 17 ao 18 de febreiro, entre as 00.00 e a 01.00 horas.

          

8.- Establécense para este concurso os seguintes premios e accésit:

a)      Premios para comparsas:

Categoría adultos:

·         Primeiro premio                                                     500,00 €

·         Segundo premio                                                     450,00 €

·         Terceiro premio                                                     400,00 €

·         Resto de participantes                                            200,00 €

 

Categoría infantil:

·         Primeiro premio                                                     275,00 €

·         Segundo premio                                                     250,00 €

·         Terceiro premio                                                     225,00 €

·         Resto de participantes                                            200,00 €

 

            b) Premios individuais infantís: (nenos e nenas ata 12 anos de idade)

            Premios para os 20 mellores disfraces, consistentes en lotes de xogos educativos ou similares.

            Entregarase un paquete de caramelos a cada un dos nenos e nenas participantes.

 

           

c) Premios individuais adultos:

·         Primeiro premio                                                          100,00 €

·         Segundo premio                                                           80,00 €

·         Terceiro premio                                                           60,00 €

           

Os premios  poden ser declarados desertos polo xurado do concurso.

 

9.- A valoración do concurso estará determinada polo criterio do Xurado, que estará composto por:

 

·         Presidente: A Vogal de Cultura da Entidade Local Menor de Bembrive.

·         Vocais: Cinco persoas que designará a Entidade Local Menor de Bembrive.

·         Secretario: O membro do xurado de menor idade

 

O Xurado terá liberdade de criterio para establecer as súas calificacións pero deberá prestar atención a cuestións como:

-          Número de membros

-          Vestiario

-          Orixinalidade

-          Coreografías

-          Presencia de elementos complementarios como carrozas, armonía, simpatía, etc.

 

            10.- O xurado avaliará as comparsas participantes no desfile dende algún punto do percorrido e as infantís tamén serán valoradas na súa representación no Torreiro. A Vogal de Cultura da Entidade Local Menor está facultada para resolver as eventualidades que poidan xurdir, non previstas nestas bases.

 

            11.- A participación neste concurso supón a aceptación de todas e cada unha das súas bases. A decisión do xurado é inapelable.

Comentarios (0)

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close