Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
Bembrive esixe melloras no Centro de Saúde da parroquia
  • Administrador
  • 26·01·2018
Bembrive esixe melloras no Centro de Saúde da parroquia

BEMBRIVE ESIXE MELLORAS NO CENTRO DE SAÚDE DA PARROQUIA

A Entidade Local Menor de Bembrive esixe ao Sergas que dote de persoal ao Centro de Saúde de Bembrive, xa que na actualidade este só conta con dous médicos, que teñen o cupo totalmente completo, e que, ademáis, xunto coas tres enfermeiras existentes, son os que máis visitas domiciliarias realizan na parroquia, que conta con multitude de persoas maiores.

Na actualidade, existe un importante número de pacientes en lista de espera que non poden inscribirse neste Centro sanitario pola carencia de suficientes médicos.

As últimas noticias que ten esta Alcaldía é que se vai retirar o servizo dunha enfermeira, o que agrava o problema.

Por outra banda, a pediatría só conta cunha profesional a media xornada.

Por elo, esta Entidade Local esixe ao Servizo Galego de Saúde o mantemento das tres enfermeiras, un médico de familia máis e un pediatra a xornada completa; ademáis de que se realicen as obras necesarias de mantemento, conservación e adecuación neste centro sanitario, que actualmente conta cunhas infraestruturas precarias.

De non obter unha resposta favorable a esta xusta petición, dende o goberno desta Entidade prantexarase convocar á veciñanza a unha mobilización en favor dunha sanidade pública universal e de calidade.

Comentarios (0)

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close