Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
II Trofeo ciclista, o 21 de Maio
  • Administrador
  • 19·05·2017
II Trofeo ciclista, o 21 de Maio

ANUNCIO

PECHE DE VÍAS Ó TRÁFICO CON MOTIVO DO II TROFEO CICLISTA, O 21 DE MAIO


O Clube Ciclista Vigués e a Entidade Local de Bembrive, no seu obxectivo de fomentar a práctica de deporte saudable entre toda a cidadanía, organizan para o vindeiro domingo dia 21 de maio de 2017 o “II Trofeo Entidade Local Menor de Bembrive de Ciclismo".

Esta actividade suporá cortar ao tráfico as seguintes vías públicas ese dia, dende as 15.30 ata as 19.30 horas, aprox. (a proba comezará ás 16.30 h.):


- Rúa da Igrexa, donde se prohibe estacionar vehículos dende as 15.00 h.

- Estrada de Bembrive, cortada dende a Panadería Blanco (Rúa da Cruz) ata a sede desta Entidade Local (Praza Mosteiro)

- Rúa do Monte Calvario, cortada ata a Rúa Mandín

- Camiño dos Novelos

- Rúa Mandín

- Rúa Espedrás

- Por outra banda, a Rúa do Río será de doble sentido de circulación ese dia.


Por elo, solicítase a máxima colaboración de toda a veciñanza para realizar o citado evento de forma axeitada e coas máximas garantías de seguridade, ao tempo que se piden disculpas polos posibles prexuízos que se poidan causar.


Bembrive, 16 de maio de 2017

O Alcalde Pedáneo,

Asdo.: Roberto Ballesteros Costas


Comentarios (0)

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close