Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
Concurso Literario
  • Administrador
  • 07·03·2017
Concurso Literario

CONCURSO LITERARIO "RELATOS CURTOS" 2017

 TEMA: BEMBRIVE E A SÚA XENTE

 

PARTICIPANTES: Convócanse dúas modalidades: de 14 ata 18 anos. Maiores de 18 anos residentes no territorio nacional con independencia da súa nacionalidade.

 REQUISITOS: O texto presentado debe ser orixinal do autor e inédito, non se poderán presentar obras premiadas por outros organismos públicos ou privados, de igual modo non poderán presentarse obras publicadas, sen importar o soporte ou medio utilizado e, se presentará unha soa obra por autor. A obra deberá asinarse con pseudónimo e xunto ao relato curto achegarase un sobre onde figure o pseudónimo (dentro do sobre incluirase unha ficha cos seguintes datos: nome e apelidos do autor, enderezo, idade, número de contacto e pseudónimo). Tanto no relato curto como no sobre adxunto debe indicarse a modalidade na que participa. Os orixinais deberán estar redactados co tipo "Times New Roman" e o seu tamaño será de 12, con interlineado 1,5. Deixarase 2 centímetros de marxe en cada un dos bordes da páxina. Extensión máxima será de 4 páxinas, escritas nunha soa cara do folio. No caso de que non se presentasen un mínimo de 5 participantes, o concurso sería cancelado e os premios desertos.

 PRAZO DE ENTREGA: O prazo de entrega comeza o 30 de marzo de 2017 e finaliza o 20 de Setembro de 2017 ás 14.00 horas. As obras entregaranse na Entidade Local Menor de Bembrive en horario de 9:00 a 14:00 horas ou por correo postal dirixidas á Entidade Local Menor de Bembrive, Praza Mosteiro 1, C.P 36313 - Vigo (Pontevedra).

 PREMIOS: Modalidade DE 14 ATA 18 ANOS: Se entregará un primeiro premio de 60 euros, un segundo de 40 euros e un terceiro de 20 euros. Modalidade MAIORES DE 18 ANOS: Entregarase un primeiro premio de 150 euros, un segundo de 100 euros e un terceiro de 70 euros. *A entrega de premios  realizarase na Entidade Local Menor de Bembrive coincidindo coa celebración da Festa da Sidra de 2017, hora por determinar.

 XURADO: O xurado estará composto polos representantes da Entidade Local Menor de Bembrive e colectivos veciñais. O xurado, cuxo fallo será inapelable, poderá declarar os premios desertos se non se presentan un máximo de cinco participantes. Así mesmo, están facultados para resolver todo aquilo que non quedase establecido de modo explícito nas presentes bases e crean da súa competencia. *O FEITO DE PARTICIPAR NESTE CONCURSO IMPLICA A ACEPTACIÓN DAS BASES.

 

En Bembrive, 01 marzo de 2017

O Alcalde Pédaneo

 

Roberto Ballesteros Costas

 

 

 

 

 

 


Comentarios (0)

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close