Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
Concurso de Fotografía
  • Administrador
  • 07·03·2017
Concurso de Fotografía

BASES 1º CONCURSO FOTOGRAFIA ENTIDADE LOCAL MENOR DE BEMBRIVE

 

 1. TEMATICA. Imaxes da parroquia de Bembrive en todos os seus ámbitos: Patrimonio, paisaxes e escenas cotiás ou festivas.

 2. PARTICIPANTES. Poderán concorrer ao presente concurso todos os fotógrafos que o desexen, sen limitación de idade.

 3. NÚMERO DE OBRAS. Deberanse presentar un número mínimo de 2 obras e un máximo de 5.

 4. FORMATO. Só admitirase o formato dixital. Todos os arquivos serán en formato JPEG ou TIFF de máxima resolución.

Las imaxes entregaranse cunha resolución mínima de 72 dpi. Cada imaxe terá un tamaño mínimo de 3 MB.

As imaxes presentaranse " a sangue", é dicir, que non se poderán engadir ás mesmas marxes, bordes ou elementos similares que reduzan o seu tamaño. Permítese o retoque das fotografías, pero non se poderán engadir ou eliminar elementos que modifiquen a súa composición orixinal. En caso de dúbida e como comprobación poderase esixir o arquivo orixinal.

 5. PRESENTACIÓN DAS OBRAS. As imaxes presentaranse gravadas nun CD. As fotografías presentadas deberán ser orixinais e inéditas e non ser presentadas nin premiadas en ningún outro concurso. Os participantes deberá ser os autores das obras presentadas.

 6. IDENTIFICACIÓN DAS OBRAS. As fotografías en JPEG deberán nomearse da seguinte maneira: (iniciais do primeiro nome e os dous apelidos do autor)_(Número)_(tres últimos díxitos máis a letra do NIF do autor). Exemplo: A 4ª fotografía enviada polo autor Pedro Alfonso González López con NIF 69125889F terá o seguinte nome de arquivo JPEG: PGL_4_889F Será obrigatorio achegar co CD o formulario de inscrición en papel, no que se indicará con claridade o título da fotografía e o lugar onde foi tomada.

 7. ENVÍO DAS OBRAS. O CD e o formulario remitiranse por correo, axencia de transporte ou en man á seguinte dirección:  ENTIDADE LOCAL MENOR DE BEMBRIVE ,Praza Mosteiro 1, C.P 36313 -VIGO (PONTEVEDRA).

 8. PRAZO DE ADMISIÓN. O prazo para presentar as obras estará aberto do 13 de marzo ao 20 de Xullo de 2017. Non se admitirán obras presentadas con posterioridade a esta data, fóra daquelas cuxo certificado de correos ou axencia sexa igual ou anterior á devandita data, aínda que sexan recibidas unha vez concluído o tempo estipulado.

 9. COMPOSICIÓN DO XURADO. O xurado estará presidido polo alcalde pedáneo ou persoa en que delegue e constituído pola Vogal de Cultura, Vogal de Medio Ambiente e tres membros de colectivos veciñais da parroquia. A decisión do xurado será inapelable.

 10. FALLO DO XURADO. O fallo do xurado farase público o día 26 de Xullo de 2017 ás 12:00 horas na Sede da Entidade Local. A continuación procederase a inaugurar a exposición con todas as fotografías presentadas polos participantes. A exposición permanecerá aberta ata o día 3 de febreiro de 2018 na sede da Entidade Local.

 As 10 mellores fotografías serán expostas nun tamaño de 30 x 45 (os gastos corren a cargo da organización e á finalización da exposición serán entregadas aos seus autores)

 11. PREMIOS. Primeiro premio: Diploma e cheque por importe de 150 €. Segundo premio: Diploma e cheque por importe de 90 €. Terceiro premio: Diploma e cheque por importe de 50 €. Non se poderá gañar máis dun premio.

 12. DEREITOS DE AUTOR. A presentación das obras supón a cesión de todos os dereitos de imaxe das súas fotografías para exposición, reprodución e distribución e comunicación a favor da Entidade Local Menor de Bembrive, sen limitación de sistemas, medios, nin países. As obras presentadas quedarán en propiedade da Entidade Local Menor de Bembrive. A propiedade intelectual e autorías serán sempre do autor.

 13. ACEPTACIÓN DAS BASES. A participación neste concurso supón a plena aceptación de todas e cada unha das bases e do galo inapelable do xurado.

 14. OBSERVACIÓNS. Ningún Premio poderá quedar deserto. A participación no concurso implica a total aceptación e conformidade co disposto nas presentes bases. Calquera imprevisto non incluído nestas bases poderá ser resolto polo Xurado. As fotografías que non cumpran uns requisitos mínimos de calidade e resolución non serán admitidas a concurso.

 

En Bembrive, 01 de marzo de 2017

 

O Alcalde Pédaneo

Roberto Ballesteros Costas

Comentarios (0)

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close