Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
Solicitude da Declaración de Interes Turístico Galego da Festa de San Blas en Bembrive
  • Administrador
  • 27·02·2017
Solicitude da Declaración de Interes Turístico Galego da Festa de San Blas en Bembrive

 

ANUNCIO

 

SOLICITUDE DA DECLARACIÓN DE INTERES TURÍSTICO GALEGO DA FESTA DE SAN BLAS EN BEMBRIVE

 

A Alcaldía Pedanía da Entidade Local de Bembrive solicitará a declaración de Interese Turístico de Galicia para a tradicional Festa de San Blas, na parroquia de Bembrive, Vigo.

Os motivos polos que se realiza esta petición son os seguintes:

A orixe da celebración do San Blas remóntase ao século XVII, donde as diferentes cofradías existentes en Bembrive asistían a esta romería acompañados de gaiteiros; non podedo precisar en qué anos esta romería traspasou os límites parroquiais xa que agora é unha celebración á que se achegan persoas tanto de Vigo como de toda a provincia.

Bembrive é unha parroquia con gran tradición cultural e  musical na que sería interminable a lista de festas e romerías que se celebran Nela, pero sen dúbida, a romería por excelencia é a de San Blas, que aínda sen ser patrono de Bembrive, achega a esta parroquia cada 3 de febreiro entre 15.000 e 20.000 persoas, atraídas especialmente pola explosión musical de  cada recuncho do barrio Mosteiro así como polo ambiente xerado neste lugar ou en calqueira dos preto de 30 furanchos abertos para a ocasión, onde se rende pleitesía á maxia do viño da zona e da cachucha do porco, ingredientes únicos que serven para que os romeiros se manteñan ata ben entrada a tarde nun ambiente festivo que xira entorno á música e os cánticos espontáneos mezclado coa gastronomía.

A repercusión que está a alcanzar a festa chega a traspasar ultimamente a xeografía galega, medios de comunicación a nivel nacional contactan coa Entidade Local para solicitar información do evento, é sen dúbida a romaría máis popular da área metropolitana e que consegue quintuplicar a poboación da parroquia nas datas da celebración.

Algo tan tradicional na nosa comunidade como o cocido e a música tradicional xúntanse nunha celebración onde se mestura o pagán e o relixioso polo cal consideramos que debe ter o merecido recoñecemento.

A petición busca aproveitar o reclamo da nosa festa para impulsar o turismo na nosa parroquia, sendo a administración da Xunta de Galicia a que poderá declarar festas de interese turístico de Galicia aquelas que supoñan unha valorización da cultura e tradicións populares e que teñan unha especial importancia como atractivo turístico segundo o decreto 4/2015 de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia Administracións Públicas e Xustiza, que regula a declaración de festas de interese turístico de Galicia.

Por elo, esta Entidade, instará ao Concello de Vigo, como concello matriz ao que pertence o ámbito territorial da Entidade Local de Bembrive, a solicitar a declaración de Festa de interese turístico Galego ante a Xunta de Galcia, á que tamén se lle remitirá a petición.

 

 

Comentarios (0)

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close