Obxectivos
Desenvolvemento
O contacto coa natureza durante o
verán é un dos elementos máis relevantes no ocio da rapazada de 8
Este ámbito de traballo, pon en
valor o coñecemento da contorna, e fai fincapé no peso simbólico que ten na
sensibilización do idioma coñecer a toponimia menor destes espazos de socialización
dos nenos e nenas de entre 8 e 12 anos.
Igualmente, o traballo en grupo, o
esforzo e a constancia contribúen ao desenvolvemento de valores transversais:
unha dimensión sociopedagóxica e sociolingüística, de integración dos rapaces e
rapazas e de adquisición de valores tales como o compañeirismo, o traballo en
equipo, a aprendizaxe lingüística vinculada á toponimia menor, á flora e á
fauna, amais dos aspectos relacionados coa práctica dos intercambios
lingüísticos en xeral.
É por isto que presentamos unha
proposta coma esta, na que se incidirá a través dunha actividade lúdica e
participativa na sensibilización para o aumento do uso do galego no lecer e no
tempo libre no verán en localizacións abertas nas que abunda a riqueza léxica
da toponimia e da variedade de flora e de fauna.
1 fotos
8 fotos
7 fotos
As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!