Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
Cantos de arrolo sobre a pel
  • Administrador
  • 14·10·2016
Cantos de arrolo sobre a pel

Cantos de arrolo sobre a pel

Obxectivos

  • Introducir o neno/a no mundo da literatura infantil con imaxes e palabras.
  • Favorecer a comunicación en lingua galega nos primeiros anos das/dos nenas/nenos.
  • Fomentar co contacto a través da intimidade e da tenrura que se establece co pai/nai e tamén da diversión.

 

Desenvolvemento

Nas idades temperás as rapazas e os rapaces non reciben moitos dos estímulos que lles ofrecemos se non é polo contacto físico.

Os cantos de arrolar son un dos elementos máis empregados para se comunicaren con eles/elas. É por isto que a partir dunha destas creacións se consegue un maior contacto nesta etapa inicial.

A partir dos cantos de arrolar tradicionais galegos axúdaselles ás familias a realizar os mesmos movementos que fai o monitorado, de forma que o neno interiorice sensacións determinadas cando se lle fala dun determinado personaxe.

Acompañada da propia voz a persoa que traballa co/a neno/a crea un vínculo con el e coas cancións que lle canta.

Esta iniciativa acompáñase co texto por escrito e con imaxes para que despois do estímulo táctil, se repita o canto pero

visualizando co neno as imaxes que o acompañan.

 

Duración

60 minutos

Comentarios (0)

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close