A Entidade Local Menor de Bembrive pon en marcha actuacións de desenvolvemento de programas de dinamización lingüística para menores denominado "Enredando coa lingua", subvencionado pola Deputación de Pontevedra e que conta ademáis coa colaboración do Colexio Público Chans, de Bembrive, donde se realizarán as actividades.
O programa deseñado, executarase pola empresa compostelá Reverso, desenvolvéndose dende o vindeiro venres dia 16 de setembro ata o 29 de outubro. Divídese en 9 actuacións, todas elas co principal obxectivo de fomentar e normalizar o uso da lingua galega entre a mocidade, ao mesmo tempo que se ofrece unha alternativa lúdico-didáctica de calidade.
Para máis información e inscricións, os interesados poden poñerse en contacto coa Entidade Local de Bembrive, no teléfono núm. 986423148, fax 986494145 e/ou correo electrónico elmbembrive@gmail.com .
O calendario de actividades previstas é o seguinte:
Actividade | Idade | Núm. sesións | Proposta de data | Hora | Localización |
Obradoiro de teatro: á escena | 4-7 anos | 2 | 16-23/09/16 | 17,00-18,30 | CEIP de Chans-Bembrive |
Obradoiro de ilustración: sen novas da realidade | 10-18 anos | 2 | 17-24/09/16 | 11,00-12,30 | CEIP de Chans-Bembrive |
Obradoiro de escrita creativa: Eu tamén sei facer libros | 8-12 anos | 2 | 16-23/09/2016 | 18,30-20,00 | CEIP de Chans-Bembrive |
Obradoiro de expresión actoral: cantamos os contos | 4-7 anos | 3 | 30/09/16 e 07-14/10/16 | 17,00-18,30 | CEIP de Chans-Bembrive |
Obradoiro relaxación para bebés: cantos de arrolo sobre a pel | 0-3 anos | 1 | 17/09/2016 | 11,00-12,00 | CEIP de Chans-Bembrive |
Obradoiro de creación literaria: contos de hoxe, contos de onte | 8-12 anos | 2 | 30/09/16-07/10/16 | 18,30-20,00 | CEIP de Chans-Bembrive |
Obradoiro de ilustración: debuxa o teu verán | 10-18 anos | 3 | 01-15-29/10/16 | 11,00-12,30 | CEIP de Chans-Bembrive |
Xincana: Ven xogar á praza | 8-12 anos cos avós | 1 | 08/10/2016 | 11,00-12,30 | |
Concurso: Quen sabe máis? | 9-12 anos | 1 | 14/10/2016 | 11,00-12,30 | CEIP de Chans-Bembrive |
1 fotos
8 fotos
7 fotos
As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!