Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
Programación de actividades de dinamización lingüística "Enredando Coa Lingua"
  • Administrador
  • 12·09·2016
Programación de actividades de dinamización lingüística

A Entidade Local Menor de Bembrive pon en marcha actuacións de desenvolvemento de programas de dinamización lingüística para menores denominado "Enredando coa lingua", subvencionado pola Deputación de Pontevedra e que conta ademáis coa colaboración do Colexio Público Chans, de Bembrive, donde se realizarán as actividades.

O programa deseñado, executarase pola empresa compostelá Reverso, desenvolvéndose dende o vindeiro venres dia 16 de setembro ata o 29 de outubro. Divídese en 9 actuacións, todas elas co principal obxectivo de fomentar e normalizar o uso da lingua galega entre a mocidade, ao mesmo tempo que se ofrece unha alternativa lúdico-didáctica de calidade.

Para máis información e inscricións, os interesados poden poñerse en contacto coa Entidade Local de Bembrive, no teléfono núm. 986423148, fax 986494145 e/ou correo electrónico elmbembrive@gmail.com .

O calendario de actividades previstas é o seguinte:


ActividadeIdadeNúm. sesiónsProposta de dataHoraLocalización
Obradoiro de teatro: á escena4-7 anos216-23/09/1617,00-18,30CEIP de Chans-Bembrive
Obradoiro de ilustración: sen novas da realidade10-18 anos217-24/09/1611,00-12,30CEIP de Chans-Bembrive
Obradoiro de escrita creativa: Eu tamén sei facer libros8-12 anos216-23/09/201618,30-20,00CEIP de Chans-Bembrive
Obradoiro de expresión actoral: cantamos os contos4-7 anos330/09/16 e 07-14/10/1617,00-18,30CEIP de Chans-Bembrive
Obradoiro relaxación para bebés: cantos de arrolo sobre a pel0-3 anos117/09/201611,00-12,00CEIP de Chans-Bembrive
Obradoiro de creación literaria: contos de hoxe, contos de onte8-12 anos230/09/16-07/10/1618,30-20,00CEIP de Chans-Bembrive
Obradoiro de ilustración: debuxa o teu verán10-18 anos301-15-29/10/1611,00-12,30CEIP de Chans-Bembrive
Xincana: Ven xogar á praza8-12 anos cos avós108/10/201611,00-12,30
Concurso: Quen sabe máis?9-12 anos114/10/201611,00-12,30CEIP de Chans-Bembrive

Comentarios (0)

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close