Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
Rastrexo multitudinario en Bembrive
  • Administrador
  • 09·08·2016
Rastrexo multitudinario en Bembrive

Dende a Entidade Local estase a organizar un Rastrexo multitudinario nos montes de Bembrive. O punto de partida é no Colexio Chans, pero precisamos moitos voluntarios para a proba. Os voluntarios pódense anotar na Entidade Local ou chamando ó 986 423 148.

Precisamos a colaboración de todos nun evento que traerá centos de visitantes á parroquia.

Qué é un Rastrexo e en qué consiste:

Correr de noite por camiños estreitos, superación de obstáculos, asaltantes en fuga, encoros, cruces de regatos, probas de forza, resistencia e equilibrio... As rutas fanse en grupos de 5 a 10 membros, que terán que completar unha viaxe de entre 8 e 12 quilómetros cheos de sorpresas e algún que outro tormento.

Enxeño, habilidade e orientación sometidos a exame, así como o corazón. Os participantes poden ser víctimas en calquera momento dos sustos espeluznantes que os organizadores lles deparan.

A meta é finalizar o percorrido e superar o máximo número de desafíos que se plantexan nos puntos de control. Se se afrontan con éxito, se logra un trofeo que deberá entregarse ó final da ruta. O grupo que máis trofeos presente e máis rápido remate o rastrexo será o vencedor. O premio é simbólico, e ainda que a maioría dos participantes van simplemente a vivir a experiencia e pasalo ben, hai auténticos "competidores" que acuden a cada cita ó máis puro estilo "Rambo".

A aventura está servida pola Entidade Local Menor de Bembrive. Coma sempre, todos xuntos!

Comentarios (0)

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close