Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
I Andaina do Samaín en Bembrive (6 de decembro)
  • Administrador
  • 27·11·2019
I Andaina do Samaín en Bembrive (6 de decembro)

A Entidade Local de Bembrive, en colaboración coa ANPA "Bene Vívere" do CEIP Mosteiro, e  logo de suspenderse a actividade prevista para o 31 de outubro polas condicións meteorolóxicas adversas, organiza para o vindeiro venres dia 6 de decembro a primeira Andaina do Samaín de Bembrive, co seguinte programa:

19:15 h.: Obradoiro infantil na sede da Entidade Local Menor

20:00 h.: Inicio da andaina na Praza Mosteiro (duración aprox.: 1 hora)


* As persoas menores de idade irán acompañadas por unha adulta, que será a responsable das mesmas

* As participantes levarán lanterna e disfrace, se o desexan

* Inscricións (ata completar prazas): Na sede da Entidade Local de Bembrive, os dias 2, 3 e 4 de decembro, de 9.30 a 10.30 h. e no Colexio Mosteiro o 27 de novembro e o 2 de decembro, de 16 a 17 h.  (Baixas e devolucións: o 27, 28 e 29 de novembro no mesmo horario).

* Prezo: 5 € por persoa (inclúe diversión e chocolate quente).

Ademáis haberá posto de bocatas e doces

* En caso de mal tempo, a actividade quedaría aprazada

* Máis información no teléfono número 680193050.