Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
XXI Festa da Sidra de Bembrive
  • Administrador
  • 02·09·2019
XXI Festa da Sidra de Bembrive

Infórmase que desde o luns 26 de agosto e ata o vindeiro venres 20 de setembro, ou ata fin de existencias, pódese facer a reserva de caixas de sidra (ata un máximo de 10 por persoa), realizando o pago de 23 Euros por cada caixa na conta bancaria que para o efecto ten aberta esta Entidade Local, núm. ES33 2080 5086 1530 0705 7752.


As persoas interesadas poderán recoller a sidra encargada nas antigas instalacións da empresa "Agrovigo", localizadas na Rúa do Cacheno núm. 8 - Bembrive. C.P. 36214 Vigo, amosando o xustificante de pago, nos seguintes dias e horas:

- Luns 30 de setembro a Xoves 3 de outubro (ambos incluidos): de 17,00 a 20,00 h.

- Venres 4 e Sábado 5 de outubro: de 10,00 a 13,30 e de 16,00 a 20,00 h.

Ademáis, poderase mercar durante a festa, o Domingo 6 de outubro (venta libre, sen reserva) na carpa do Torreiro da Ponte, en horario de 10,00 a 14,00 h.


Ubicación do lugar de recollida da sidra:

https://www.google.com/maps/place/R%C3%BAa+Cacheno,+8,+36214+Vigo,+Pontevedra/@42.2074616,-8.6974352,143m/data=!3m1!1e3!4m13!1m7!3m6!1s0xd25883167fa7ed9:0x2919dce759fc3eb3!2sR%C3%BAa+Cacheno,+8,+36214+Vigo,+Pontevedra!3b1!8m2!3d42.2075202!4d-8.697926!3m4!1s0xd25883167fa7ed9:0x2919dce759fc3eb3!8m2!3d42.2075202!4d-8.697926


Teñen máis información pinchando no seguinte enlace:

www.bembrive.org/uploads/taboleiro/anuncio-reserva-sidra-2019.pdf


-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


A XXI edición da Festa da Sidra de Bembrive terá lugar no Torreiro da Ponte o sábado 5 e o domingo 6 de outubro, co seguinte programa de actos: http://bembrive.org/uploads/cartel-xxi-festa-da-sidra-2019.pdf


Sábado 5 de outubro ás 20:00 horas:
·       Actuacións musicais do “Ateneo Musical de Bembrive”, grupo de canto “Loureiro Verde” do CCR Cabral, e Grupo “Folk de Coiro” da SCDR Helios
·       Apertura de posto de venta de sidra artesán e chouripan
Domingo 6 de outubro ás 10.30 h.:
·       Apertura de stands e degustación
 
- 12.00 horas:
·       Concursos de sidra e repostería de mazá, amenizado pola charanga “Vai de baile” (Baseshttp://bembrive.org/uploads/bases-concurso-sidra-e-reposter--a-de-maz---2019.pdf )
- 13.00 horas:
·       Lectura do Pregón a cargo de Antón Corral, Mestre gaiteiro, artesán Premio “Martín Códax” e Vigués Distinguido
·       Entrega de premios dos concursos de sidra e repostería de mazá
·       Entrega da “IX Mazá de Ouro” ao galardoado desta edición
·       Actuación da charanga “Vai de Baile”
 
Actividades infantís: sábado, de 17 a 20 h. e domingo de 11 a 14 h.

Comentarios (0)

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close