Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
Constitución da Xunta Veciñal para o mandato 2019-2023
  • Administrador
  • 10·07·2019
Constitución da Xunta Veciñal para o mandato 2019-2023

O pasado xoves dia 4 de xullo ás 18:00 horas, coa asistencia da Sra. Presidenta da Deputación de Pontevedra, o Sr. Alcalde e varios concelleiros do goberno de Vigo, así como do anterior goberno desta Entidade Local Menor; celebrouse sesión constitutiva da Xunta Veciñal da Entidade Local de Bembrive, na que tomou posesión o novo Alcalde Pedáneo, Marcos Castro González (electo nas eleccións locais do 26.05.2019), e os vocais Patricia Otero Carrera, Jose González Domínguez, Antía González Fernández e Manuel Costas Costas, todos eles polo PSdeG - PSOE, quenes prometeron o cargo ante a presencia dun numeroso grupo de veciñas e veciños da parroquia.

Ao finalizar a sesión, interpretouse na Praza do Mosteiro o himno da ELM de Bembrive, composto no ano 2018 polo novo Alcalde Pedáneo, quen ademáis ostenta a distinción de "Mazá de Ouro" desta Entidade desde o 2017.

O mandato desta corporación abarcará o periodo de xuño de 2019 a maio de 2023.

Marcos Castro González, alcalde pedáneo electo nas eleccións locais do 26 de maio de 2019

Comentarios (0)

Engade un comentario

* O teu correo electrónico non será visible na web, só será usado en caso de que a ELM Bembrive precise contactar contigo

Comentario enviado!


Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close