Como xa é habitual, o luns 15, martes 16, mércores 17 e luns 22 de abril en horario de 9:30 a 13:30 horas, e dentro da actividade da Ludoteca de Bembrive para o ano 2019, organizado por esta Entidade Local e executado por Koremi, realizarase o Campamento de Semana Santa "Ludo Entroido Bembrive 2019" no edificio sede desta Entidade.
O prazo de inscrición remata o 11 de abril ou ao cubrirse o máximo de 20 prazas.
O formulario de solicitude de inscrición pódese descargar no seguinte enlace:http://bembrive.org/uploads/incripci--n-camp-bembrive-semana-santa-2019.pdf
Unha vez cumprimentado e asinado o referido impreso, presentarase xunto coa documentación indicada nel na sede da Entidade Local de Bembrive (Praza Mosteiro 1, Bembrive, C.P. 36313 Vigo).
1 fotos
8 fotos
7 fotos
As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!