Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter máis información aquí.
O vindeiro domingo dia 23 de setembro a partires das 19.30 horas terá lugar no Auditorio do Centro Cultural de Bembrive (na Alameda do Torreiro da Ponte) a presentación da vixéxima edición da Festa da Sidra, na que colaboran a Asociación SCDR Helios e a Deputación de Pontevedra.
Para amenizar o acto, contaremos coa actuación musical dos grupos locais "Ateneo Musical de Bembrive", "Coral Polifónica Helios", e Banda de Gaitas "Charamuscas".
Este evento servirá tamén para presentar o himno da Entidade Local Menor de Bembrive, elaborado por Marcos Castro González -mestre gaiteiro veciño desta parroquia-, himno que recentemente se adoptou pola Xunta Veciñal desta.
Desde esta Entidade queremos que esta celebración vaia a máis e que tódalas persoas que acudan á mesma poidan compartir e disfrutar dun agradable momento, reforzando así a relación entre a veciñanza e os foráneos.
As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!