O Clube Ciclista Vigués e a Entidade Local de Bembrive, no seu obxectivo de fomentar a práctica de deporte saudable entre toda a cidadanía, organizan para o vindeiro domingo dia 16 de xuño de 2018 o “III Trofeo Entidade Local Menor de Bembrive de Ciclismo".
Esta actividade suporá cortar ao tráfico as seguintes vías públicas ese dia, dende as 15.30 ata as 19.30 horas, aprox. (a proba comezará ás 16.30 h.):
Rúa da Igrexa, donde se prohibe estacionar vehículos dende as 15.00 h.
Estrada de Bembrive, cortada dende a Panadería Blanco (Rúa da Cruz) ata a sede desta Entidade Local (Praza Mosteiro)
Rúa do Monte Calvario, cortada ata a Rúa Mandín
Camiño dos Novelos
Rúa Mandín
Rúa Espedrás
Por outra banda, a Rúa do Río será de doble sentido de circulación ese dia.
Comeza |
16·06·2018 ás 16:30 |
---|---|
Remata |
16·06·2018 ás 19:30 |
Ubicación |
Mosteiro, Bembrive |
8 fotos
7 fotos
9 fotos
As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!