1.-
O obxecto deste concurso é o de seleccionar as mellores comparsas e os mellores
disfraces individuais, nas diferentes categorías, con motivo da celebración do
Entroido en Bembrive, que organizado pola Entidade Local Menor de Bembrive en
colaboración cos colectivos da parroquia, terá lugar o sábado día 17 de febreiro.
2.- As comparsas participantes comporanse dun mínimo
de 20 persoas. Estas deberan concentrarse na Estrada de Bembrive (Camiño dos
Troncais) ás 16:00 horas, colocándose no seu lugar que se lle adxudique para o
desfile, e identificándose cada unha co número que lle corresponda en función
da inscrición e das cararcterísticas da mesma. O desfile comezará as 17:00
horas, quedando excluída do concurso toda aquela comparsa que non poida comezar
o percorrido a esta hora.
Ao remate do mesmo realizarase unha representación
dun máximo de 7 minutos na carpa instalada na Alameda do Torreiro. Esta será
obrigatoria no caso das comparsas infantís, agás as formadas maioritariamente
por rapaces e rapazas de ata cinco anos de idade, (decisiva para a adxudicación
dos premios) e optativa no caso das comparsas de adultos (non contará para a
adxudicación de premios).
3.-As comparsas deberán inscribirse previamente entre
o días 12 e 14 de febreiro, presentado as follas de solicitude de inscrición
debidamente cumprimentadas, no rexistro da Entidade Local Menor, en horario de
9.00 a 14.00 horas. O prazo de inscrición finalizará ás 14.00 horas do día 14
de febreiro.
As comparsas con domicilio social na nosa parroquia
terán prioridade na inscrición, sempre que o fagan dentro do prazo establecido.
Non serán admitidas inscricións con posterioridade á
data e hora indicadas, calquera que sexa a causa do atraso. As follas de
solicitude de inscrición están a disposición dos interesados nas oficinas da
Entidade Local Menor.
4.- O número de comparsas participantes será dun
máximo de 20, incluindo categoría de infantís e adultos. Queda excluida a
participación das comparsas que acheguen a inscrición unha vez cuberto o número
de participantes ou con posterioridade a data e hora indicadas.
Os participantes seleccionaranse por riguroso orde de
entrada no rexistro da Entidade, agás as comparsas de Bembrive que terán
prioridade na inscrición, sempre dentro do prazo legalmente establecido. A orde
das comparsas no desfile realizarase en función das medidas das carrozas, de
menor a maior dimensións.
5.-
Cada comparsa deberá levar unha persoa para levar o número de orde, que deberá
colocarse ao inicio da comparsa que representa.
6.- Os rapaces e rapazas que se
inscriban para o concurso individual infantil de disfraces, desfilarán diante
do xurado ao remate da actuación das comparsas participantes, por orde de
inscrición, para a súa valoración polo xurado.
7.-As persoas que desexen
participar no concurso de disfraces individuais adultos teñen que recoller o
número de inscrición na entrada do Centro Cultural “Helios”, na noite do 17 ao 18
de febreiro, entre as 00.00 e a 01.00 horas.
8.- Establécense para este concurso os
seguintes premios e accésit:
a)
Premios
para comparsas:
Categoría adultos:
·
Primeiro premio 500,00 €
·
Segundo premio
450,00 €
·
Terceiro premio
400,00 €
·
Resto de participantes 200,00 €
Categoría infantil:
·
Primeiro premio 275,00 €
·
Segundo premio
250,00 €
·
Terceiro premio
225,00 €
·
Resto de participantes 200,00 €
b)
Premios individuais infantís: (nenos e nenas ata 12 anos de idade)
Premios
para os 20 mellores disfraces, consistentes en lotes de xogos educativos ou
similares.
Entregarase
un paquete de caramelos a cada un dos nenos e nenas participantes.
c) Premios individuais adultos:
·
Primeiro premio 100,00 €
·
Segundo premio 80,00 €
·
Terceiro premio 60,00 €
Os premios poden ser declarados desertos polo xurado do
concurso.
9.- A valoración do concurso
estará determinada polo criterio do Xurado, que estará composto por:
·
Presidente: A Vogal de Cultura
da Entidade Local Menor de Bembrive.
·
Vocais: Cinco persoas que
designará a Entidade Local Menor de Bembrive.
·
Secretario: O membro do
xurado de menor idade
O Xurado terá liberdade de criterio para
establecer as súas calificacións pero deberá prestar atención a cuestións como:
-
Número de membros
-
Vestiario
-
Orixinalidade
-
Coreografías
-
Presencia de elementos
complementarios como carrozas, armonía, simpatía, etc.
10.- O xurado avaliará as comparsas
participantes no desfile dende algún punto do percorrido e as infantís tamén
serán valoradas na súa representación no Torreiro. A Vogal de Cultura da
Entidade Local Menor está facultada para resolver as eventualidades que poidan
xurdir, non previstas nestas bases.
11.-
A participación neste concurso supón a aceptación de todas e cada unha das súas
bases. A decisión do xurado é inapelable.
Comeza |
17·01·2018 ás 04:00 |
---|---|
Remata |
17·01·2018 |
Ubicación |
Estrada de Bembrive, lugar do Mosteiro e Torreiro da Ponte |
1 fotos
8 fotos
7 fotos
As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!