Bembrive é unha parroquia con gran tradición cultural
e musical na que sería interminable a lista de festas e romerías que se
celebran nela, pero sen dúbida, a romería por excelencia é a de San Brais, que
aínda sen ser patrono de Bembrive, achega a esta parroquia cada 3 de febreiro
entre 15.000 e 20.000 persoas, atraídos especialmente pola explosión musical de
cada recuncho do barrio Mosteiro así como polo ambiente xerado neste lugar ou
en calqueira dos preto de 30 furanchos abertos para a ocasión, onde se rende
preitesía á maxia do viño da zona e da cachucha do porco, ingredientes únicos
que serven para que os romeiros se manteñan ata ben entrada a tarde nun
ambiente festivo que xira entorno á música e os cánticos espontáneos.
Comeza |
13·01·2017 ás 12:00 |
---|---|
Remata |
04·02·2017 ás 03:30 |
Ubicación |
Bembrive |
1 fotos
8 fotos
7 fotos
As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!