Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
Obradoiro de ilustracións
  • Administrador

Obradoiro de ilustracións

Obxectivos

  • Crear un espazo de dinamización en lingua galega.
  • Fomentar as actividades interxeracionais.

 

Desenvolvemento

O contacto coa natureza durante o verán é un dos elementos máis relevantes no ocio da rapazada de 8 a 12 anos. As paisaxes, a vexetación, os espazos, convértense en elementos fundamentais para o seu lecer, aínda que curiosamente descoñecen datos moi relevantes destas localizacións, como por exemplo os seus nomes, as súas orixes e tamén os nomes da flora e da fauna que os habitan.

Este ámbito de traballo, pon en valor o coñecemento da contorna, e fai fincapé no peso simbólico que ten na sensibilización do idioma coñecer a toponimia menor destes espazos de socialización dos nenos e nenas de entre 8 e 12 anos.

Igualmente, o traballo en grupo, o esforzo e a constancia contribúen ao desenvolvemento de valores transversais: unha dimensión sociopedagóxica e sociolingüística, de integración dos rapaces e rapazas e de adquisición de valores tales como o compañeirismo, o traballo en equipo, a aprendizaxe lingüística vinculada á toponimia menor, á flora e á fauna, amais dos aspectos relacionados coa práctica dos intercambios lingüísticos en xeral.

É por isto que presentamos unha proposta coma esta, na que se incidirá a través dunha actividade lúdica e participativa na sensibilización para o aumento do uso do galego no lecer e no tempo libre no verán en localizacións abertas nas que abunda a riqueza léxica da toponimia e da variedade de flora e de fauna.

Comeza

15·10·2016 ás 12:00

Remata

ás 13:30

Ubicación

CEIP de Chans - Bembrive

Regresar

Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close