Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continuas navegando consideramos que aceptas o seu uso.
Podes obter máis información aquí.

Aceptar
Bembrive - Localización
Localización
Bembrive é unha parroquia pertencente ao concello de Vigo, localizada no límite oeste do termo municipal vigués. Limita ao Norte coas parroquias de Lavadores e Cabral, pertencentes ao concello de Vigo, ao oeste coas parroquias de Tameiga e Cela, pertencentes ao concello de Mos, ao sur coa parroquia de Zamáns e ao este coas parroquias de Beade e Sárdoma, todas elas pertencentes ao concello de Vigo.

A superficie da parroquia é de 9,2 km² e ten unha poboación de 4.427 habitantes en censo do ano 2013, cunha densidade poboacional de 481,19 hab./Km², sendo a segunda parroquia con menor densidade despois de Zamáns.

É unha das parroquias con máis rasgos rurais dentro do termo municipal de Vigo, cun pasado eminentemente labrego.

O nomenclátor da Galiza contabiliza 38 Lugares ou Entidades de poboación dentro da parroquia de Bembrive, estes estarían dentro dos oito barrios históricos da parroquia.

A continuación reprodúcese o RUEIRO de Bembrive:



Rexistro

As Asociacións e Empresas poden rexistrarse para disfrutar do seu propio espazo privado na nosa web. Envía o formulario de solicitude e, unha vez revisado, enviarémoste os teus datos de acceso. Moitas grazas por colaborar!


Close